jueves, 1 de diciembre de 2016

Reportaxe escrita coa documentación xeográfica

FACEMOS COUSAS QUE NINGÚEN MÁIS FAI

IMG_6816.JPGAnclajes Marcelino, é unha empresa dedicada a facer proxectos que ninguén máis fai. Con isto referímonos a que, no entorno da construción en concreto na seguridade nesta fan proxectos coa fin de mellorar os métodos de seguridade. É unha empresa pequena, micro-pimer(que é menos que unha empresa pequena), de carácter nacional que dispón de 4 traballadores con contratos indefinidos e estables na cal o propietario é Nicolás Soler. Esta empresa dispón dun capital privado e pertence ao sector secundario (industria manufacturera) e ao subsector da construcción xa que, ofrece bens á seguridade das persoas como xa dixemos antes. Esta empresa realiza as súas ventas en todo o territorio nacional aínda que están a facer unha incursión no estranxeiro en países como poden ser Polonia, Chile… Anclajes Marcelino desenvolve as actividades económicas relacionadas coa fabricación na provincia de Pontevedra e como factor productivo dispón do capital e así poder pagar
aos provedores. Debido a que é unha empresa pequena dirixe as súas ventas ao mercado nacional, aínda que algúns productos están xa dirixidos ao internacional. Para incrementar as súas ventas utilizan métodos como a presenza nas redes sociais, a asistencia a feiras sectoriais e a publicidade impresa. É unha empresa que non afecta ao medio ambiente polo feito de que o seu modelo de produción favorece ao desenvolvemento sustentable. Esta empresa afecta a políticas nacionais. É unha empresa autónoma non ten ningunha relación con outras organizacións empresariais. Os seus factores de localización son os factores humanos: man de obra.


IMG_6792.JPG
Este é o logo da empresa,
Anclajes Marcelino Documento Xeográfico das zonas onde Anclajes Marcelino a
traballado algunha vez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario